Arie de Jong
Arie de Jong | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xuño de 1882 |
Lugar de nacemento | Plantungan |
Falecemento | 23 de decembro de 1966 |
Lugar de falecemento | A Haia |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Alma máter | Cadettenschool e Koninklijke Militaire Academie |
Ocupación | esgrimista e oficial |
Premios | Knight of the Order of Orange-Nassau, Officers' Cross, Ofiacial da Orde das Palmas Académicas e Participation Medal 1912 Olympic Games |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adrianus Egbert Willem de Jong, máis coñecido como Arie de Jong, nado en Plantungan (Indias Orientais Neerlandesas) o 21 de xuño de 1882 e finado na Haia o 23 de decembro de 1966, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador de cinco medallas olímpicas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Oficial profesional, foi un dos grandes tiradores de esgrima. En 1906 participou nos Xogos Intercalados sen lograr medalla, o mesmo ca nos Xogos Olímpicos de 1908. Nos Xogos Olímpicos de 1912 logrou medallas de bronce en sabre e espada por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1920 foi medalla de bronce en sabre individual e por equipos e nos Xogos Olímpicos de 1924 foi de novo bronce en sabre por equipos.
Ao longo da súa carreira gañou 18 títulos nacionais (entre 1910 e 1928), 2 campionatos de Europa (1922 e 1923) e gañou a proba de espada no Campionato Mundial Militar de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1882
- Finados en 1966
- Militares dos Países Baixos
- Esgrimistas olímpicos dos Países Baixos
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Esgrimistas de sabre
- Medallistas olímpicos de bronce polos Países Baixos
- Nados en Xava
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924