Ariúlfo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI |
| Morte | 601 |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Spoleto (592–602) |
Ariúlfo foi o segundo duque de Spoleto. Sucedeu a Faroaldo I á súa morte, sobre o 592.
Tras subir ao poder ocupou algunhas cidades bizantinas e axudou a Arechis I de Benevento no asedio de Nápoles, praza forte bizantina. Derrotou aos bizantinos en Camerino e o duque alegou ter tido a axuda de Santo Sabino. Paulo Diácono di que foi o primeiro duque convertido ao cristianismo. O papa Gregorio I fixo unha paz separada con el, o que provocou a hostilidade do emperador bizantino e do Exarca de Rávena.
Morreu sobre o 602 e sucedeuno o fillo do seu antecesor, Teodelapo, que se impuxera a un irmán.