Saltar ao contido

Arco palmar arterial fondo da man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco palmar arterial fondo da man
arcus palmaris profundus Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Rama anatómica de
 Ten rama anatómica
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c51nl Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.2.09.038
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata

O arco palmar arterial fondo da man é un arco arterial do membro superior humano, pertencente á man. Deriva da arteria radial, que rodea a superficie lateral do pulso, pasa polo chan da tabaqueira anatómica e acada o plano fondo da man en dirección anterior dende o dorso da man. Pasa entre as dúas porcións do primeiro músculo interóseo dorsal e despois entre as dúas porcións do músculo adutor do polgar para acadar o plano máis fondo da man e constituír o arco palmar fondo da man. O arco cruza a man en sentido medial, entre os ósos metacarpianos e os tendóns dos músculos flexores longos dos dedos. Na zona medial da palma comunícase coa arteria palmar fonda, procedente da arteria cubital.

O arco arterial fondo dá lugar a dous tríos de arterias:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)