Saltar ao contido

Arco palmar arterial superficial da man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco palmar arterial superficial da man
arcus palmaris superficialis Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Rama anatómica de
 Ten rama anatómica
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c518j Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.2.09.056
CIE-111770127695 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata
Arco palmar arterial superficial (descrito no debuxo como superficial palmar arch).

O arco palmar arterial superficial da man é un arco arterial do membro superior humano, pertencente á man. Está constituído pola arteria cubital, que xunto, co nervio cubital entra na man pola zona medial do pulso. Esta arteria sitúase entre o músculo palmar curto e as vaíñas flexoras. Vai por fóra do nervio cubital e do pisiforme. Na zona máis distal, a arteria cubital pasa por dentro do óso ganchudo e despois xira cara a fóra, cruzando toda a palma, constituíndo o arco palmar arterial superficial da man. O arco comunícase coa póla palmar da arteria radial.

O arco superficial aporta tres grandes pólas para a vascularización da man, son as arterias dixitais palmares comúns e unha arteria dixital palmar na zona medial do maimiño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)