Archivio glottologico italiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Archivio glottologico italiano, a miúdo citada na nibliografía como AGI é unha revista de glotoloxía.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada por Graziadio Isaia Ascoli en 1873 e dirixida polos mellores estudosos italianos, entre os cales Carlo Salvioni, Matteo Bartoli, Vittore Pisani, Pier Gabriele Goidanich, Benvenuto Terracini e Giacomo Devoto, nela escribiron moitos estudosos como Costantino Nigra, Francesco D'Ovidio, Wilhelm Meyer-Lübke, Gian Luigi Beccaria, Franca Brambilla Ageno, Giandomenico Serra, Romano Lazzeroni, Marco Mancini etc.

Nela atópanse investigacións e estudos de método sobre as linguas indoeuropeas e románicas e sobre o italiano e os seus dialectos, sobre a glotoloxía, a etimoloxía e a lingüística como ciencia etc. Ademais de números especiais (por exemplo os nn. 53 e 54 do 1968-69 dedicados a Benvenuto Terracini) e algúns suplementos (saídos de maneira irregular desde o 1891 ao 1907).

Dirixida por Paolo Ramat[1] e Alberto Nocentini[2], a revista chegou ao volume 96 e foi publicada por Le Monnier de Florencia[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cfr. Arquivado 13 de novembro de 2011 en Wayback Machine. a súa páxina no sitio da Universidade de Pavía.
  2. cfr. Arquivado 15 de decembro de 2013 en Wayback Machine. a súa páxina no sitio da Universidade de Florencia.
  3. Anteriormente editábaa Loescher e Chiantore (do vol. 18 ao vol. 34), de Turín. Do 1943 ao 1949 non se publicou. Despois publicouna Le Monnier.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Graziadio Isaia Ascoli e l'Archivio glottologico italiano (1873-1973), studi raccolti, in occasione del centenario dei Saggi ladini da Manlio Cortelazzo, Udine: Società filologica friulana, 1973

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]