Araki Murashige
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1535 Ikeda, Xapón |
| Morte | 20 de xuño de 1586 Sakai, Xapón (en) |
| Daimyo | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | Samurai |
| Outro | |
| Título | Daimyo |
| Familia | Q97377352 |
| Cónxuxe | Araki Dashi Q109916351 |
| Fillos | Araki Muratsugu ( Q111191209 (incerteza) ( Iwasa Matabei ( |
| Pai | Q111191164 (incerteza) Q111191156 (incerteza) |
Araki Murashige (荒木 村 重), nado en 1535 e finado o 20 de xuño de 1586 foi un samurai do período Sengoku.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Murashige era vasalo de Oda Nobunaga e daimiô do castelo de Itami. Comandaba unha parte das forzas de Nobunaga durante o sitio de Ishiyama Hongan-ji mais en 1578 Akechi Mitsuhide acusouno de simpatías co clan Mōri, inimigo de Nobunaga. Refuxiado no castelo de Itami resistiu durante un ano o sitio que estableceron as forzas de Nobunaga e tras caer o castelo fuxiu.
Lenda
[editar | editar a fonte]Existe a lenda que tras ser acusado de traizón o seu señor Nobunaga mandouno chamar; presentouse onde el estaba e como era costume fixo a reverencia cerimonial na entrada pero intuíu o plan de Nobunaga de romperlle o pescozo nese momento, pechando os gardas a fusuma (paneis), e colocou o tessen (abano de ferro) na fenda para impedir o peche. Araki actuou como se nada acontecera e Nobunaga perdonoulle a vida reconciliándose con el[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ratti, Oscar (1991) Secrets of the Samurai; A Survey of the Martial Arts of Feudal Japan. Tuttle Publishing, p. 302