Araíño atlántico
Aparencia
| Araíño atlántico | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Alle alle Carl von Linné 1758 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Masa
28 g peso de nacemento | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Charadriiformes | ||||||||||
| Familia | Alcidae | ||||||||||
| Xénero | Alle | ||||||||||
| Especie | A. alle | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||

O araíño atlántico[1] ou arao pequeno[2] (Alle alle) é unha ave palmípede. Vive nas Illas do Ártico, hai dúas subespecies a A. a. alle viven en Groenlandia, Islandia, Nova Zemlbla e Spitzbergen, mentre a A. a. polaris vive na Terra de Francisco Xosé.
Mide 19–21 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 34–38 cm. Ten a plumaxe negra, agás o ventre branco e o peteiro é curto. Aliméntanse de peixes, complementándoos con crustáceos e pequenos invertebrados.
Cría en cantís, nos buratos en medio das rochas poñen un único ovo, no inverno migran cara ao sur do Atlántico norte, os temporais fortes do outono poden desvialas máis ao sur do seu territorio habitual, e é nestes casos cando se pode ver nas costas galegas.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Nomes galegos para as aves ibéricas: Lista completa e comentada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 21 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Araíño atlántico |
