En anatomía, a aréola[1] (diminutivo do latínarea, «lugar aberto») é a área circular pequena que rodea a mamila. Tamén é un termo que serve para describir outras áreas circulares como a inflamación que rodea un gran.
A pel da aréola é un pouco máis áspera que o resto e nela atópanse os condutos das glándulas mamarias. Na mamila dunha muller adulta pódense localizar entre 15 e 20 pequenas aberturas (condutos lactíferos) dispostas ó redor e por onde sae o leite durante a lactación. Hai outras aberturas que son as glándulas sebáceas (glándulas de Montgomery), estas producen certa lubricación aceitosa durante esa época.
O tamaño e a cor da areola son moi variables e poden cambiar de muller a muller.
Non todas as areolas teñen a mesma cor senón que vai dende o rosado claro até o marrón escuro, dependendo da cor da pel de cada persoa. Durante o embarazo tende a escurecerse, recuperando o seu antigo ton unha vez que se produciu o nacemento aínda que adoita quedar coa nova cor. O tamaño tamén varía, establecéndose o tamaño medio entre os 15-40 milímetros de diámetro. O tamaño da aréola non vai en consonancia co volume da mama, podéndose dar o caso de grandes volumes con pequenas aréolas e viceversa.