Cirrio cafre
Cirrio cafre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Apus caffer' (M Lichtenstein, 1823) |
O cirrio cafre (Apus caffer) é un paxaro apodiforme da familia dos apódidos. Como o resto dos cirrios, o cirrio cafre ten unhas patas moi curtas que emprega só para agarrarse en superficies verticais. Pasa a maior parte da súa vida no ar e aliméntase de insectos.
Características
[editar | editar a fonte]Mide entre 14 e 15 cm de lonxitude e ten, como os seus familiares, unha cola bifurcada curta e ás longas. É completamente escuro, excepto por unha mancha pálida na gorxa e outra preto do ano. Aseméllase moito ó cirrio pequeno, pero é máis fino e escuro.
Distribución e costumes
[editar | editar a fonte]É nativo da África subsahariana, mais as súas poboacións téñense ampliado até Marrocos e o sur da Península Ibérica. As poboacións do norte de África e da península son migratorias. Tamén acostuma asentarse en estruturas feitas polo ser humano como pontes e edificios.
Esta especie aprópiase dos niños doutros paxaros como os cirrios pequenos e as andoriñas. Os propietarios orixinais do niño son expulsados e unha vez ocupado, o cirrio cafre fórrao con plumas e cuspe. Adoita poñer un ou dous ovos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Apus caffer voando.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cirrio cafre |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Apus caffer en Iucnredlist.org Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)