AppleTalk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Appletalk é un conxunto de protocolos desenrolados por Apple Inc. para a interconexión de redes locais. Foi incluído nun Macintosh de Apple en 1984 e actualmente está en desuso nos Macintosh en favor das redes TCP/IP.

Historia[editar | editar a fonte]

  • 1984 - Desenvolvemento e inclusión nun Macintosh.
  • 1985 - Neste tempo só se compartían impresoras utilizando o concepto do Selector ou Chooser.
  • 1986 - Introdución de encamiñadores, a súa función é a de separar redes en pequenas porcións para evitar a saturación e o tráfico.
  • 1987 - Introdúcese EtherTalk e un servidor de arquivos. Ata este ano compártense arquivos e tense un servidor como tal.
  • 1988 - Introdúcense VAXes e Computadoras persoais (PC's) á rede. Neste momento dánse as primeiras conexións de Macintosh con outros ambientes.
  • 1989 - Xa se teñen miles de nodos EtherTalk. Introdúcense as primeiras interconexións a redes de Internet.

Fases[editar | editar a fonte]

Podemos dividir Appletalk en dúas fases en canto as súas características:

Fase 1 (1985):

  • Velocidade de 230,4kbit/s.
  • Distancia máxima de 305 metros.
  • 32 nodos máximos por rede LAN.

Fase 2 (1989):

  • Organización da rede en zoas.
  • Máis de 255 nodos por rede LAN.
  • Introducción de EtherTalk, TokenTalk e LocalTalk para IBM PC.
  • Aparición dun conector máis simple de usar (AppleAUI).

Versións[editar | editar a fonte]

  • Para IBM PC e compatibles.
  • Para Apple IIGS.

Dispoñíbel para a maioría de:

  • Impresoras de rede (sobre todo en impresoras láser).
  • Algúns servidores de arquivos.
  • Unha serie determinada de routers.

Deseño[editar | editar a fonte]

O deseño de Appletalk baséase no modelo OSI pero a diferencia doutros dos sistemas LAN non foi construído baixo o sistema Xerox XNS, non tiña Ethernet e tampouco tiña enderezos de 48 bit para o encamiñamento.

Direccionamento[editar | editar a fonte]

Neste protocolo incluíronse unha serie de características que permitiron que as redes locais se conectasen sen configuración previa ou necesidade dun router ou servidor. Appletalk está equipado para asignar enderezos e configurar calquera enrutamento de maneira automática.

Protocolos[editar | editar a fonte]

Protocolos de Appletalk no modelo OSI:

Capas-OSI Protocolos AppleTalk
7 AFP PAP
6
5 ZIP ASP ADSP
4          ATP AEP NBP RTMP
3 DDP
2 LLAP ELAP TLAP FDDI ←AARP
1 LocalTalk Ethernet
Token Ring
FDDI

Nivel 1:

  • LocalTalk → Baséase nun sistema de cable de par trenzado e un transceptor funcionando a unha velocidade de 230,4 kbit/s.
  • Ethernet → Estándar de conexión á rede que utiliza unha tarxeta física.
  • Token Ring → Arquitectura de rede con topoloxía física en anel.
  • FDDI → Interface de datos distribuída por fibra.

Nivel 2:

  • AARP (AppleTalk Address Resolution Protocol) → Emítese un paquete pedindo un enderezo de rede (que necesita o dispositivo para conectarse), ata que se atopa un enderezo que non posúa ningún equipo, ao topala esta utilizarase para o equipo.

Nivel 3:

  • DDP (Datagram Delivery Protocol) → Realiza o transporte de datos de baixo nivel.

Nivel 4:

  • ATP (AppleTalk Transaction Protocol) → Le a solicitude e devolve unha resposta.
  • AEP (AppleTalk Echo Protocol) → Xera paquetes que son enviados ao nodo, o paquete cópiase, e un campo no paquete altérase para crear un paquete de resposta, o cal é devolto ao nodo de orixe (o que xerou a primeira mensaxe).
  • NBP (Name Binding Protocol) → Rexístrase baixo un nome. No caso de que se queira un servizo, NBP consulta para atopar dito servizo.
  • RTMP (Routing Table Maintenance Protocol) → Os routers mantéñense informados mutuamente en todo momento sobre a topoloxía da rede.

Nivel 5:

  • ZIP (Zone Information Protocol) → Asocia os números de rede de AppleTalk con nomes de zoas.
  • ASP (AppleTalk Session Protocol) → Solicita respostas ás ordes, e realiza consultas de estado fora de banda.
  • ADSP (AppleTalk Data Stream Protocol) → O intento de conexión pode ser rexeitado. Unha vez sexa cortada a conexión dunha das partes, esta será pechada.

Nivel 6 y 7:

  • AFP (Apple Filling Protocol) → Comunícase cos servidores de arquivos de AppleShare.
  • PAP (Printer Access Protocol) → Permitía a comunicación con impresoras PostScrip.

Hardware[editar | editar a fonte]

O hardware inicial por defecto para AppleTalk era un protocolo de alta velocidade coñecido como LocalTalk que utilizaba os portos RS-422 do Macintosh a 230,4 kbit/s. LocalTalk dividía o porto RS-422 para proporcionar un cable de subida e de baixada nun único porto. O sistema sería lento actualmente, pero grazas a súa relación custo/complexidade, os Macs adoitaban ser as únicas máquinas en rede de moitos negocios.

Un substituto común para LocalTalk era PhoneNet, unha solución alternativa (dunha compañía chamada Farallon) que tamén utilizou o porto RS-422 e era menos custoso de instalar e manter. Ethernet e o token ring tamén foron utilizados, coñecido como EtherTalk e TokenTalk respectivamente. EtherTalk convertéuse gradualmente no método dominante para Appletalk mentres que Ethernet popularizouse na industria do Computador persoal PC a través dos anos 90.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sidhu, Andrews, Oppenheimer: Inside AppleTalk, 2nd, Addison-Wesley, 1999
  • Apple Computer Inc.: Inside Macintosh: Networking, 2nd, Addison-Wesley, 1994, Chapter 1 - Introduction to AppleTalk (Online-Version)