Apolonio de Atenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Apolonio de Atenas
Nacementoséculo I a. C.
 Atenas
Falecementoséculo I a. C.
Ocupaciónescultor
Coñecido/a porTorso de Belvedere
Signature Apollonios Pio-Clementino Inv1192.jpg
editar datos en Wikidata ]

Apolonio, fillo de Néstor, foi un escultor grego de Atenas, que viviu no século I a.C.

Obras[editar | editar a fonte]

Atribúenselle dúas obras: o Torso do Belvedere (Museos Vaticanos) e o Puxilista de bronce (Roma, Museo Nacional), atribuída ao autor por razóns estilísticas.

É o creador do famoso Torso do Belvedere , hoxe no Museo Pío-Clementino, un dos Museos do Vaticano. A estatua foi descuberta no que foron os xardíns do Teatro de Pompeio, no Campo de' Fiori (campo das flores) durante o papado de Xulio II (1503-1513). A designación desta escultura como representación de Hércules foi dada por Winckelmann (probablemente erroneamente), se ben a interpretación como "un heroe" é máis aproximada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

O Torso do Belvedere nos Museos Vaticanos (en alemán)