Aplastodiscus lutzorum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aplastodiscus lutzorum

Macho da especie.
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Xénero: Aplastodiscus
Especie: A. lutzorum
Nome binomial
Aplastodiscus lutzorum
Berneck BVM, Giaretta AA, Brandao RA, Cruz CAG & Haddad CFB, 2017
Os puntos azuis corresponden coa súa distribución.
Os puntos azuis corresponden coa súa distribución.

Os puntos azuis corresponden coa súa distribución.

Aplastodiscus lutzorum é unha especie de anuro da familia dos hílidos ou ras arborícolas comúns, endémica do bioma do Cerrado, no Brasil.[1] É a única especie endémica dun só bioma no xénero Aplastodiscus. Posúe de 30 a 36 milímetros de lonxitude, sendo a menor do clado da especie, e diferénciase das outras especies pola duración da súa vocalización e pola cor do iris.

A descrición da especie foi publicada o día 3 de xaneiro de 2017, por cinco investigadores brasileiros. Recibiu o nome de Aplastodiscus lutzorum en homenaxe ós estudosos Adolfo e Bertha Lutz, pioneiros nos estudos das especies do xénero. Aínda non foi catalogada pola IUCN, mais posibelmente será categorizada como especie pouco preocupante.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita o día 3 de xaneiro de 2017, por Bianca Berneck, Ariovaldo Giaretta, Reuber Brandão, Carlos Cruz e Célio Haddad na revista científica ZooKeys.[2] Tras as análises, foi posíbel descubrir que a especie formaba parte do xénero Aplastodiscus, máis especificamente ao clado Aplastodiscus perviridis. Os individuos recollidos foron atopados en Minas Xerais, Distrito Federal e Goiás, tendo machos e femias. Os espécimes usados como referencia no estudo foron atopados en Unaí, Minas Xerais en febreiro e marzo de 2007 e todos eran machos. O holotipo era un macho e foi atopado o 12 de decembro de 2011 na Facenda San Bento, en Alto Paraíso de Goiás, Goiás, a unha altitude de 1 150 metros. Trátase dunha nova especie debido a seu tamaño reducido en relación ós outros representantes do clado, entre 30 e 36 milímetros, por presentar a iris bicolorida e tamén por presentar unha vocalización o dobre de longa que a dos outros individuos. Tamén foron feitos exames xenéticos nos Estados Unidos e en Corea do Sur que atestaron a especie.[3][4] Co descubrimento da especie, existen un total de 15 especies no xénero.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berneck, B. V. M.; Giaretta, A. A.; Brandão, R. A.; Cruz, C. A. G.; Haddad, C. F. B. (2017). "The first species of Aplastodiscus endemic to the Brazilian Cerrado (Anura, Hylidae)". ZooKeys 642: 115–130. doi:10.3897/zookeys.642.10401. 
  2. "Aplastodiscus lutzorum Berneck, Giaretta, Brandão, Cruz, and Haddad, 2017". AMNH (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2017. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  3. Berneck, Bianca V.M.; Giaretta, Ariovaldo A.; Brandão, Reuber A.; Cruz, Carlos A. G.; Haddad, Celio F.B. (1 de marzo de 2017). "The first species of Aplastodiscus endemic to the Brazilian Cerrado (Anura, Hylidae)". ZooKeys (en inglés) 642. pp. 115–130. ISSN 1313-2970. PMID 28138301. doi:10.3897/zookeys.642.10401. 
  4. "The first species of canebrake tree frog endemic to the Brazilian Cerrado". Awe of Nature (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2017. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  5. "Aplastodiscus". Amphibiaweb (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2017. Consultado o 3 de abril de 2017.