Ecorrexión do Cerrado
Zonas protexidas do Cerrado Parques nacionais de Chapada dos Veadeiros e das Emas | |
---|---|
![]() Mapa da Ecorrexión do Cerrado no Brasil | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Localización | 14°00′20″S 47°41′05″O |
Tipo | Natural |
Criterios | ix, x |
Inscrición | 2001 (XXV sesión) |
Rexión da UNESCO | Suramérica e Caribe |
Identificador | 1035 |

A Ecorrexión do Cerrado, ou simplemente O Cerrado (do portugués "pechado", "denso"), é unha ampla ecorrexión de sabana tropical de Brasil.
Historia e características[editar | editar a fonte]
O Cerrado cobre 1.916.900 km² nos que se inclúen o estado de Goiás, o Distrito Federal, a maior parte dos estados Mato Grosso, Mato Grosso do Sul, Tocantins, a parte occidental de Minas Gerais e Baía, a parte sur de Maranhão e Piauí, e pequenas partes dos estados de São Paulo e de Paraná.
Este ecosistema ocupa o 22 % da superficie do Brasil, sendo aínda maior que a superficie de Alasca. O Cerrado esténdese, así mesmo, polo leste de Bolivia, o nordeste e centro de Paraguai, alcanzando polo sur, xa empobrecido, o Parque provincial Teyú Cuaré e arredores, na provincia de Misiones, Arxentina, segundo recentes investigacións[1] nas que se abordou a notábel afinidade da flora vascular e a fauna de vertebrados desta área protexida con respecto ao Cerrado sensu stricto.[2][3]
Durante o holoceno temperán, a vexetación correspondente ao cerrado expandiuse e ocupou unha superficie maior que a actual.[4]
Hoxe existen "illas" de Cerrado na área de selvas semideciduas da mata atlántica, que serían o remanente desta maior área de distribución da vexetación do Cerrado alcanzada hai 10.000-7.000 anos.[5]
Esta rexión natural limita ao norte coa rexión da Amazonia e ao oeste e suroeste co Gran Chaco, respecto ao cal mantén grandes semellanzas florifaunísticas e paisaxísticas.
O Cerrado caracterízase por unha enorme biodiversidade de plantas e animais, pero esta riqueza natural está progresivamente ameazada polos monocultivos (particularmente polo da soia), a expansión da agricultura en xeral e a queima da vexetación para facer carbón vexetal.
A pesar do feito de que deste ecosistema xa se perdeu moito, Norman Borlaug, laureado co Premio Nobel da Paz, describiu o cerrado como unha das últimas fronteiras da terra de zonas virxes con posibilidade de seren arábeis para a expansión da agricultura.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Vexetacón característica na rexión noroeste de Minas Gerais, Brasil.
Cerrado en Pirenópolis (Goiás).
Allagoptera, xénero de palmeiras ananas típicas do Cerrado.
Tabebuia chrysotricha en Avaré, São Paulo, árbore típica do cerrado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Chébez, J. C. (1996): "Misiones Ñú. Campos Misioneros, algo más que el confín de la selva". Nuestras aves, Asociación Ornitológica del Plata: 4-16.
- ↑ Fernando Biganzoli & María E. Múlgura De Romero (2004): "Inventario Florístico del Parque Provincial Teyú Cuaré y alrededores (Misiones, Argentina)" Darwiniana v.42 n.1-4 San Isidro ene./dic. 2004
- ↑ Martínez Crovetto, R. (1963): "Esquema fitogeográfico de la Provincia de Misiones (República Argentina)". Bonplandia 1: 171-223.
- ↑ Ledru, M. P.; Salgado-Labouriau, M. L. & Lorscheitten, M. L. (1998): "Vegetation dynamics in southern and central Brazil during the last 10.000 yr. B.P." Rev. Palaeobot. Palynol. 99: 131-142.
- ↑ Behling, H. (1998): "Late Quaternary vegetational and climatic changes in Brazil". Rev. Palaeobot. Palynol. '99: 143-156.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ecorrexión do Cerrado ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cerrado - Governo do Brasil (en portugués)
- Conservancíon da Natureza no Brasil - Cerrado (en inglés)
- Cerrado (World Wildlife Fund) (en inglés)
- G. Gottsberger, I. Silberbauer-Gottsberger: Life in the Cerrado Reta Verlag, Ulm 2006, ISBN 3-00-017928-3 Volume 1, ISBN 3-00-017929-1 Volume 2
- Cerrado: Imagens de fronteiras e transformações Exposición fotográfica sobre o Cerrado brasileiro. (en portugués)