Aphanius iberus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aphanius iberus

Macho (enriba), femia (abaixo).
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Cyprinodontiformes
Familia: Cyprinodontidae
Xénero: Aphanius
Especie: A. iberus
(Valenciennes, 1846)

Aphanius iberus é unha especie de peixe ciprinodontiforme da familia dos ciprinodóntidos. É unha das especies de vertebrados ibéricos en maior perigo de extinción. O seu carácter endémico e a drástica regresión que sufriu nas dúas últimas décadas conduciu á catalogación da especie en tódalas listas de especies ameazadas, nacionais e internacionais. O estado de conservación da especie no sueste da Península Ibérica viuse deteriorado notablemente.

As poboacións do suroeste da Península Ibérica foron descritas recentemente como unha especie independente Aphanius baeticus. Algunhas poboacións alxerinas describíronse como Aphanius saourensis.

Descrición[editar | editar a fonte]

Características morfolóxicas[editar | editar a fonte]

Peixe de corpo pequeno, que raramente supera os 5 cm de lonxitude total, sendo normalmente as femias de maior tamaño que os machos da mesma idade. Ten o corpo oblongo e aletas redondeadas, contando cunha aleta dorsal atrasada con respecto á metade do corpo. As aletas dorsal e anal teñen 9 a 11 radios ramificados. As escamas son grandes, existindo de 20 a 26 escamas na liña lonxitudinal media.

Presenta un dimorfismo sexual moi aparente: os machos ostentan unha coloración baseada en franxas verticais azuladas e prateadas, así como debuxos nas aletas, sobre todo na caudal, que está atravesada por varias franxas anchas, verticais e escuras. As femias, pola súa banda, son xeralmente pardo-verdosas, con manchas escuras distribuídas de forma irregular polo corpo; as aletas están desprovistas de deseño, e son transparentes; algunhas poboacións, no canto de manchas, teñen curtas franxas verticais escuras (por exemplo, as da Rexión de Murcia).[2]

Reprodución[editar | editar a fonte]

A súa vida é curta, polo que poden acadar a madurez sexual moi axiña, nuns tres meses de idade. Realiza varias postas en cada período reprodutor (de 100 a 900 ovos por tempada), o cal se produce entre os meses de abril e outubro na Rexión de Murcia, sendo menor en poboacións localizadas máis ó norte, como a do Delta do Ebro (maio-agosto).[3] As postas realízanas en zonas con vexetación, que serven de refuxio ós ovos.

A eclosión acontece ós oito días da posta. Ó principio, o crecemento dos alevíns é rápido e a madurez sexual precoz, os exemplares nados en abril pódense reproducir en xuño, antes dos tres meses de idade. Tras a freza, prodúcese unha mortalidade alta nos adultos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crivelli, A. J. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "Enclave ambiental-Fartet.". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  3. Según el CAE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aparicio, A. (1995): «Mantenimiento y reproducción del Aphanius iberusB.I.S.E.C. nº 64, sep/oct 1995.
  • Arenas, F. (1972): «Especies en peligro». Revista Pescador, nº 13.
  • Barras de Aragón (1893): «Peces de agua dulce de la parte occidental de la región Bético-Extremeña.» Actas Soc. Esp. Hist. Nat. 22: 129-132.
  • Blanco, J. C. & González, J. L.: Libro rojo de los vertebrados de España. ICONA 1992.
  • Blanco, Hrbek & Doadrio (2006) «A new species of the genus Aphanius (Nardo, 1832) (Actinopterygii, Cyprinodontidae) from Algeria.» Zootaxa 1158: 39-53.
  • Bruyn H. (1981): «Aphanius iberusKilli Nieuws 11 (1): 7-10 (**)
  • Bruyn H. (1988): «Aphanius iberus.» Aquariumwereld 41 (6): 136-137 (**)
  • Bruyn H. & J. Van Der Zee (1994): «Aphanius iberus Las cabezas de San Juan. Een bijzondere populatie van Aphanius iberus. »Killi nieuws 24 (3): 51-60 (**)
  • Bruyn H. & J. Van Der Zee (1995): «Aphanius iberus Las cabezas de San Juan.» Killi Revue, dec 1995: 20-27 (**) Tradución ó francés do anterior.
  • Campos, A. Risueño, P. Planelles, M. (1999): «Agentes patógenos parasitarios del Samaruc (Valencia hispanica) y del Fartet (Lebias ibera) en instalaciones de cría en cautividad.» pp 315–324 en Planelles-Gomis M. (ed.) Peces ciprinodóntidos ibéricos. Fartet y Samaruc. Monografía Generalitat Valenciana. ISBN 84-482-1992-9.
  • Capella, E. Jiménez X. (1995): Plá de protecció i recuperació de les poblacions de Fartet (Aphanius iberus) i Samaruc (Valencia hispanica) al litoral tarragoní. GEPEC.
  • Cid, J. Mª. (1979). «Notas sobre los ciprinodóntidos españoles, Aphanius iberus y Valencia hispanicaMundo Acuariófilo, nº 3: 17-21.
  • Cisternas, R. (1877): «Ensayo de un catálogo descriptivo de los peces de agua dulce que habitan en la provincia de Valencia.»Ann. Soc. Esp. Hist. Nat., Tomo 6: 69-138.
  • Díaz, J. L.; Gómez, F. (1983): «Fartet y Samarugo, dos joyas de la ictiofauna ibérica.» Trofeo, 154: 34-37.
  • Gómez, F. (1987): «El Fartet (Aphanius iberus).» Revista Aquamar nº 28, pp 12–16.
  • Obarti, R. Características de las actuales localidades de los ciprinodóntidos Valencia hispanica y Aphanius iberus y de posibles áreas de repoblación. Inédito. Consejería de Agricultura y Pesca de la Generalitat Valenciana.
  • Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (Abril de 2006). "Aphanius iberus". FishBase (en inglés).