Apa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Apa foi un reino conquistado polo rei hitita Suppiluliumas I na súa primeira campaña de Siria.

Historia[editar | editar a fonte]

O feito de que o rei, nos "feitos de Suppiluliumas" se atribúa ter chegado ata as montañas do Líbano fixo pensar que podería ser Apina (Damasco), mencionada como Upe ou Upi nas cartas de Amarna, pero probabelmente era un territorio máis ao norte, seguramente na zona de fronteira entre Mitanni e Exipto. Non é probábel que o rei hitita baixase tanto ao sur.

A marcha do hitita sobre Apa (desde Qatna) provocou a alarma do rei de Qadesh co que estoupou a guerra que parou a conquista da cidade principal. Pouco tempo despois Suppiluliumas, despois de derrotar a Qadesh, volveu contra Apa, cuxo rei era Ariwanna, e tiña como vasalos aos nobres Wambadura, Akparu, e Artaya; todos serían derrotados polo hitita e feitos prisioneiros.

Apa pasou a Exipto na primeira expedición de Ramsés II, pouco despois do -1300, pero foi reconquistada polos hititas despois da batalla de Qadesh (sobre -1390) e deixou como gobernador ao seu irmán Hattusilis, rei de Hakpis, pero, ao cabo de dous anos, Ramsés II volveu a Siria-Palestina cun exército dividido en dúas partes: unha dirixida polo seu fillo Amón Hirhepesef, que dominou as tribos shosu do Negev e o mar Morto e aos edomitas e se dirixiu a Moab; a outra parte, dirixida por el mesmo, atacou Xerusalén e Xericó, e despois entrou tamén a Moab e uniuse ao seu fillo, e xuntos marcharon contra Hesbon e finalmente reconquistaron Apa, momento en que Hattusilis tivo que volver a territorio hitita se é que non o fixera antes.