Aorico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aorico
Nacementoséculo IIIxuliano
Falecementoséculo IVxuliano
Ocupacióncaudilho
PaiAriarico
FillosAtanarico e Rocestes
Na rede
WikiTree: Visigoths-75
editar datos en Wikidata ]

Aorico (en latín: Aoricus) foi un xefe e caudillo (en gótico: kindins, e que se adoita traducir como xuíz) dos godos tervingos, durtante o século IV. Era fillo do xefe Ariarico, e pai de Atanarico,[1] e de Rocestes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 332, segundo os termos do foedus establecido entre seu pai e o emperador romano Constantino o Grande (r. 306–337), os tervingos tiñan que pagar un tributo e proporcionar un continxente de guerreiros ao imperio romano. Para asegura-la paz, Ariarico, tamén había entregar a seu fillo Aorico como refén para ser educado en Constantinopla.[2][3] Resulta probable que unha estatua que existía na antecámara da curia de Constantinopla, estivese erixida na súa honra[1][4] para manifesta-la súa obediencia aos romanos.[5]

Na década de 340, estalou o conflito entre os romanos e os tervingos. Estes, aproveitando a conxelación do Danubio, atravesárono e logo invadiron Moesia. Este conflito puido estar motivado pola persecución dos cristiáns dirixida por Aorico no 347/348. Segundo comentou Auxentius de Durostorum, eran vistos, non só como unha ameaza para a relixión tradicional, senón tamén como unha ameaza de apoio aos romanos.[6][7] Finalmente, como o emperador Constancio II estaba en guerra cos persas, polo 350 asinouse un novo acordo cos tervingos no que Aorico recoñeceu a Constancio II como un thiudans (rei, en gótico).

Aínda que a data da súa morte é descoñecida, si que se sabe que xa morrera cando, no 369, seu fillo Atanarico fora recoñecido como novo líder dos tervingos polos romanos.[8]

Como observou Herwig Wolfram, "a aliteración, variación e ritmo na liña de nomes Atanarico, Aorico e Ariarico aseméllase ao "tipo idea" de Hadubrando, Hildebrando e Heribando. Considerou que as semellanzas e a comparacións entre eses nomes suxiren que os tres xefes habían ser da dinastía dos Baltos.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wolfram (1990), p. 62.
  2. Hinds (2009), p. 19.
  3. Geary (2003), p. 87.
  4. Keats-Rohan, p. 344.
  5. Wolfram (1990), p. 27.
  6. Heather (1999), p. 453.
  7. Wolfram (1990), p. 63.
  8. Wolfram (1990), p. 28.
  9. Wolfram (1990), p. 32.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ariarico
Rei dos godos
332-350
Sucesor:
Xeberico
Predecesor:
Ariarico
Xuíz dos tervingos
332-350
Sucesor:
Atanarico