Antón Risco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1926 Allariz, España |
Morte | 7 de febreiro de 1998 (71 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor universitario, especialista en literatura |
Empregador | Universidade Laval Universidade de Tolosa-Jean Jaurès |
Familia | |
Pai | Vicente Risco |
Premios | |
Antón Martínez-Risco Fernández, máis coñecido como Antón Risco, nado en Allariz o 30 de maio de 1926 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 1998,[1] foi un escritor galego, fillo de Vicente Risco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a docencia na Universidade de Tolosa, onde estivo en contacto con republicanos e exiliados do franquismo. Logo dunha estancia en Oregón, en 1964 asentouse no Quebec, acadando a praza de catedrático de lingua castelá e portuguesa na Universidade de Laval. Trala súa xubilación regresou a Galiza, onde morreu por mor dun cancro.
É autor de numerosos traballos de teoría e crítica literaria, sendo especialista na obra de Valle-Inclán. Tamén é coñecido pola súa obra de ficción en galego.
Na súa honra, creouse en 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Memorias dun emigrante (1986), Premio da Crítica española.
- O caso (1989, Sotelo Blanco).
- As metamorfoses de Proteo (1989, Sotelo Blanco), Premio da Crítica de Galicia.
- Xogo de gardas e ladróns (1989, Ediciós do Castro).
- A noite do sábado (1991, Ir Indo).
- Tres situacións elementais (1991, Galaxia).
- Margarida d´Ouridac (1993, Ediciós do Castro).
- Hipogrifo (1994, Xerais).
- Mascarada (1995).
- Tánata (1998).
- Os fillos do río (1999).
- O embrión (2002, Galaxia).
Ensaio
[editar | editar a fonte]- A figuración literaria (1991, Xerais).
Conversas
[editar | editar a fonte]- Risco segundo Risco, por Arturo Lezcano Fernández (2013, Galaxia).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Para ler a Vicente Risco (1997, Galaxia). Con Arturo Lezcano Fernández.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Estética de Valle-Inclán en los esperpentos y en "Ruedo ibérico", 1967.
- Demiurgo y su mundo: Hacia un nuevo enfoque de la obra de Valle-Inclán, 1977.
- Azorín y la ruptura con la novela tradicional, 1980.
- Literatura y figuración, 1982.
- Literatura fantástica de la lengua española, 1987.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- El relato fantástico: historia y sistema, 1998, Colegio de España, Salamanca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pereiro, X. M. (9 de febreiro de 1998). "Antón Risco, escritor". elpais.com (en castelán).