Antonio del Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio del Villar
Biografía
Datos persoais
ResidenciaRedondela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata

Antonio del Villar foi un escultor barroco galego, veciño de Redondela.[1]

Detalle do retablo da Expectación da Catedral de Tui.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu entre finais do século XVII e a primeira metade do século XVIII.[1]

O retablo da Expectación da catedral de Tui é atribuído a este artista, e foi realizado a partir de 1722 por encargo do bispo Fernando Ignacio Arango Queipo. A obra foi rematada en 1728.[1]

Tamén realizou os retablos da igrexa de Santiago de Borbén (Pazos de Borbén), datado en 1725, o retablo maior da Igrexa de Santa María de Baiona, datado en 1726, o retablo da Capela de Santa Liberata de Baiona, datado en 1738, a imaxe de Santiago da igrexa parroquial de Borbén, datada en 1740, e o retablo maior da igrexa de San Domingos de Tui, que foi contratado en 1742.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 “Villar, Antonio del”, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]