Antonio Sousa Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Sousa Alonso
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 2013 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Santiago de Compostela
Cargos
Catedrático de Química Inorgánica da USC
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciado e doutor en Ciencias Químicas
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3031961


Antonio Sousa Alonso, nado en Santiago de Compostela o ano 1942 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2013, foi un destacado profesor na área da Química Inorgánica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edifico da Universidade. Hoxe Facultade de Xeografía e Historia.

Cursou a licenciatura de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago, que comezou na antiga sede da universidade no curso académico 1959-60, rematándoa no curso 1964-65, xa na nova Facultade de Ciencias do campus sur (hoxe Facultade de Química), participando como voluntario nas vacacións de Nadal do curso 62-63, canda outros tres alumnos residentes en Santiago, na recuperación e instalación dos vellos aparellos do Laboratorio de Física.

Xa desde os tempos de alumno da súa facultade de toda a vida, destacou pola súa intelixencia e o seu traballo como discente, non limitándose a estudar os apuntamentos e os libros de texto marcados polos profesores, senón todo o material bibliográfico que caía nas súas mans, abraiando aos seus compañeiros cos seus coñecementos, entre outras cousas, da física cuántica.

Despois de doutorarse, gañou a cátedra de Química Inorgánica da súa universidade, onde exerceu o seu maxisterio até o día da súa morte.[1]

Casou con Dolores Pedrares, química coma el, coa que tivo dous fillos, Dolores e Antonio, este último na actualidade profesor doutor contratado da área de Química inorgánica da facultade compostelá.[2]

A Universidade de Santiago recibiu con fondo pesar a noticia do falecemento do profesor Sousa Alonso quen, en palabras do decano da Facultade de Química, Ramón Estévez, foi un destacado investigador que desenvolvera un frutífero labor ao longo destes anos, describíndoo como "unha persoa de gran frescura intelectual" e "con liderado indiscutíbel nos equipos de investigación que dirixiu".[3]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1971. "Entalpia de reacción de Fe (II) y Fe (III) con fenantrolina y algunos derivados sustituidos". Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 1: 19-22.
  • 1976. "Complejos moleculares de transferencia de carga", con José Ramón Masaguer Fernández. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 3-4: 3-21.
  • 1976. "Complejos moleculares de transferencia de carga: interacción de yodo con picolinas", con José Arturo García Vázquez e José Ramón Masaguer Fernández. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 1-2: 39-60.
  • 1976. "Determinación de las entalpias de formación de algunas sales de hidrazina", con José Ramón Masaguer Fernández e María Victoria Coto Pardo. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 1-2: 61-68.
  • 1980. "Complejos de Cl4Ti con bases de Schiff monodentadas derivadas de benzaldehido", con Miguel Gayoso Andrade. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela. 3-4: 173-186.
  • 2002. "Synthesis, structure and characterisation of a Mn(IV) complex with a potentially tridentate phosphinothiol ligand", con Jonathan R. Dilworth, Paulo Pérez Lourido, Jesús Castro Fojo, José Arturo García Vázquez, Laura Rodríguez, Otaciro R. Nascimento e Jaime Romero. Inorganic chemistry communications 5 (5): 337-339.

Teses dirixidas[editar | editar a fonte]

O doutor Sousa dirixiu 14 teses de doutoramento.[4]

Notas[editar | editar a fonte]