Antonio Riveira Ponte
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
| Morte | 21 de abril de 1947 Vilarmaior |
| Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Doroña |
| 21 de abril de 1947 (finado no cargo) | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Antonio Riveira Ponte, finado en Vilarmaior o 21 de abril de 1947, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Falanxista. Xefe local do Movimiento de Vilarmaior, foi cesado en novembro de 1941.[1] En abril de 1942 foi multado con 5.000 pesetas pola Fiscalía Provincial de Taxas por venda de aceite e azucre a prezos abusivos.[2] Foi nomeado alcalde de Vilarmaior nos anos corenta. Foi executado pola IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia o 21 de abril de 1947 en represalia pola morte de Manuel Ponte Pedreira.[3] Foi soterrado no cemiterio da parroquia de Doroña onde se celebraron os funerais o 3 de maio.[4]
| Predecesor: ? |
Alcalde de Vilarmaior 194? - 1947 |
Sucesor: ? |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 95. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 216. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2017.