Saltar ao contido

Antonio Puig Gaite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Puig Gaite, nado en Pontevedra o 22 de agosto de 1907 e finado na mesma cidade en 1993, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

Fillo de Javier Puig Llamas. Licenciado en Farmacia, a finais dos anos trinta fíxose cargo da farmacia do seu tío Enrique Eiras Puig en Pontevedra. Foi Xefe provincial do Movimiento desde 1936 ata 1974. Foi procurador en Cortes (1955, 1958, 1961, 1964, 1967 e 1971). Foi Vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1957-1965), Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra. Foi alcalde de Pontevedra (1971). Foi condecorado coa Orden Imperial del Yugo y las Flechas en 1962. Na transición foi candidato de Alianza Popular ao Senado nas eleccións de 1977.

Foi presidente do Pontevedra Club de Fútbol (1951-1956).

Véxase tamén

Ligazóns externas