Antonio Posse Roybanes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1753 Betanzos, España |
Morte | 1809 (55/56 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Lingua | Lingua castelá |
Vicente Antonio Posse Roybanes, nado en Betanzos en 1753 e finado na Coruña en 1809, foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como médico titular en Pontedeume e no Hospital de San Antonio de Padua de Betanzos, e pasou a ser médico titular na Coruña. Nesta cidade coñeceu en 1803 a Francisco Xavier Balmis, que estaba a organizar a Real Expedición Filantrópica da Vacina e con quen colaborou nos preparativos. En 1805 iniciou na Coruña por mandato do Capitán Xeneral a inocuación antivariólica. A partir de 1806 procurou estender a toda Galicia o primeiro plan da vacina da varíola. Foi o iniciador da vacinación en Galicia e o primeiro autor dun documento sobre política de vacinas e saúde pública[1].
En 1804 Posse enviou á Xunta de Sanidade unha comunicación sobre a intoxicación duns veciños por comer mexillóns. Esta comunicación foi redescuberta en 2012 e considérase a descrición máis antiga do mundo dunha intoxicación por algas nocivas do que dende os anos 1980 se chama mareas vermellas[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carlos González Guitián e Fausto Galdo Fernández (2013): "Antonio Posse Roybanes. Pioneiro na inoculación da vacina da varíola e da súa difusión en Galicia", Álbum da Ciencia, CCG.
- ↑ "Cuando la peste llamó a las puertas de A Coruña", artigo en La Opinión de A Coruña, 8 de novembro de 2012 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Fernández, Carlos M. (2007): "El médico Pose Roibanes: un brigantino en los inicios de la lucha contra la viruela". Anuario Brigantino n.º 30, pp. 249–262.
- "Pose Roibanes, Vicente Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 4. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 130.
- "Pose Roibanes, Vicente Antonio". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 105. ISBN 84-7680-288-9.