Antonio Manuel Chaves Cuiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Manuel Chaves Cuiñas
Nacemento10 de xullo de 1959
 Cambados
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Manuel Chaves Cuiñas, nado en Cambados o 10 de xullo de 1959, é un escritor galego residente en Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado como Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela, publicou traballos e ilustracións de contido diverso, como Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra. Ademais foi secretario e colaborador da Revista Universitaria de Cultura Coordenadas, en Santiago de Compostela, e colaborador e membro da redacción da Revista de Ciencia, Arte y Pensamiento Congostra, editada en Vigo pola Asociación Cultural Zeca Afonso.

Tamén participou en recitais poéticos e encontros literarios con figuras coma Rafael Alberti, Carlos Oroza, Arturo Cuadrado, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Manuel Cuña Novás, Xulio Valcárcel e Manuel Lueiro Rey.

En 1990 realizou as ilustracións e escribiu o epílogo do libro Vigo en tres paisajes, o derradeiro de Manuel Lueiro Rey en vida.

No 1996 promoveu o premio xornalístico Enrique H. Botana, que na súa primeira edición foille concedido coma título póstumo a Segundo Mariño Vázquez.

Chaves está especializado no mundo da infancia, a xuventude, o xogo e o xoguete, sendo na actualidade o presidente da Fundación "Raquel Chaves". Entre 1997 e 2006 foi director e coordinador do Museo Castellano-Manchego del Juguete, situado na localidade toledana de Mohedas de la Jara. Desde o 2006 coordina o MuGaIn (Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete) en Vigo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Reliquias del Vaciamiento (1978)
  • La UGT de Vigo. Una aproximación histórica (1ª edición en 1998, 2ª no 2006)
  • Resol de ensueños para Arturo Cuadrado (2004)
  • Mar azul, Cielo azul, Blanca vela (2007)

Colaborou en[editar | editar a fonte]

  • Poesía Galega Actual (1980)
  • Concurso Nacional de Poesía “O FACHO” (1978-1989) (1990)
  • Vigo en tres paisajes (1990)
  • Arturo Cuadrado. A fantasía dun pobo (1999)
  • Los Museos del Juguete y la Infancia a finales del siglo XX (1999)
  • Homenaxe a Luis Seoane. O Grove, Abril 1980 (2001)
  • El Juguete Español del Siglo XX. 100 años de Entretenimiento y Aprendizaje (2001)
  • El Exilio de los Niños (2003)
  • Payá. 1905-2005. Cien años de juguetes en la Comunidad Valenciana (2005)