Saltar ao contido

Antonio Míguez Nogueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Míguez Nogueiras
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Vilar de Santos, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilar de Santos
marzo de 2022 – 22 de febreiro de 2025 (dimisión)
← Xoán Xosé Xardón PedrasRubén Colmenero → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, obreiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Facebook: antonio.migueznogueiras Editar o valor en Wikidata

Antonio Míguez Nogueiras, chamado Morete[1], nado en Vilar de Santos en 1958, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego e alcalde de Vilar de Santos desde o ano 2022.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballador de mantemento da autovía A-52, debutou como concelleiro en Vilar de Santos en 1999, nas listas do BNG.[2] No ano 2012 abandonou o partido incorporándose a Compromiso por Galicia,[3] formación política coa que concorreu as eleccións municipais de 2015. Nos comicios do ano 2019 participou da candidatura independente Xuntos por Vilar de Santos, sendo escollido novamente concelleiro. En marzo de 2022 asumiu a alcaldía do concello diante da renuncia, por motivos persoais, do anterior alcalde Xoán Xardón.[4][5] En xullo dese mesmo ano reincorporouse ao BNG.[6] Con este partido presentouse as eleccións de 2023 obtendo a maioría absoluta.[7] Dimitiu en febreiro de 2025, e o 22 de febreiro substituirao no cargo Rubén Colmenero, até entón tenente de alcalde.[8]


Predecesor:
Xoán Xardón
 
Alcalde de Vilar de Santos
 
2022 - 2025
Sucesor:
Rubén Colmenero
  1. "O BNG persegue manter a hexemonía en Vilar de Santos con 7 concelleiros". Diario do Limia (en castelán). 2023-04-30. Consultado o 2025-02-13. 
  2. "Antonio Míguez: “Vou facer esta etapa que me gusta e despois xa veremos”". Diario do Limia. 2022-03-04. Consultado o 2023-06-27. 
  3. "El alcalde y seis ediles de Vilar de Santos se dan de baja del BNG". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-06-27. 
  4. "Xan Xardón deixa a alcaldía de Vilar de Santos". Diario do Limia. 2022-03-03. Consultado o 2023-06-27. 
  5. "Antonio Míguez Nogueiras: "En Vilar de Santos dá igual quen sexa o alcalde, todos somos un equipo"". La Región (en castelán). 2022-03-05. Consultado o 2023-06-27. 
  6. "O BNG suma e medra. O actual alcalde de Vilar de Santos encabezará a lista do BNG nas vindeiras municipais". BNG - Bloque Nacionalista Galego. 2022-12-17. Consultado o 2023-06-27. 
  7. "Antonio Míguez repite maioría, agora co BNG, en Vilar de Santos". La Voz de Galicia. 2023-05-29. Consultado o 2023-06-27. 
  8. "Rubén Colmenero asume a alcaldía de Vilar de Santos tras deixar o cargo Antonio Míguez". La Región. 12 de febreiro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]