Antonio Leira Carpente
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1911 Pontedeume |
| Morte | 15 de xullo de 2000 Ferrol |
| Actividade | |
| Ocupación | militar |
Antonio Leira Carpente, nado en Pontedeume en 1911 e finado en Ferrol o 15 de xullo de 2000, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante anarcosindicalista, Participou na guerra civil como cabo da mariña nun buque da armada republicana. Despois marchou á URSS, foi capturado xunto a 46 compañeiros en Odesa e trasladado ao campo de Krasnoiars en Siberia, para acabar recluído nun gulag en Kazakhstán. O 2 de abril de 1954 foi repatriado no Semiramis dende o porto de Odesa. Finou en Ferrol o 15 de xullo de 2000.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Otero Cernadas e foi pai de Beatriz Leira Otero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 16-7-200, p. 17