Antonio Lagares Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1883 Betanzos, España |
Morte | 28 de outubro de 1936 (52/53 anos) Betanzos, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Antonio Lagares Gómez, nado en Betanzos cara a 1883 e finado en Betanzos o 28 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da directiva da Asociación de Agricultores de Betanzos. En xullo de 1931 participou na fundación da Unión de obreros y empleados de las Industrias Núñez y Trabajadores del Muelle da UGT, da que foi vicepresidente, e a finais dese ano foi un dos membros organizadores da Cooperativa Socialista. Militante da Agrupación Socialista de Betanzos da que foi vogal da directiva en 1934 e depositario en 1936. Nese ano formou parte do goberno provisional da República polo comité Agrario Socialista-Republicano. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ponte Sampaio con Bernardo Miño Abelenda, Camilo Naveira Ferreño, Manuel Fernández Pérez e Francisco Moreno (que sobreviviu á execución), o 28 de outubro de 1936.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa García Pandelo e foi pai de José, Ricardo e Manuel Lagares García. É avó de Manuel Lagares Pérez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Regueiro, Xesús (2006). "1936-1939 As vítimas betanceiras da represión" (PDF). Anuario Brigantino (29): 273–318.