Antonio Lagares Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Lagares Gómez
Nacemento1883
 Betanzos
Falecemento28 de outubro de 1936
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Antonio Lagares Gómez, nado en Betanzos cara a 1883 e finado en Betanzos o 28 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da directiva da Asociación de Agricultores de Betanzos. En xullo de 1931 participou na fundación da Unión de obreros y empleados de las Industrias Núñez y Trabajadores del Muelle da UGT, da que foi vicepresidente, e a finais dese ano foi un dos membros organizadores da Cooperativa Socialista. Militante da Agrupación Socialista de Betanzos da que foi vogal da directiva en 1934 e depositario en 1936. Nese ano formou parte do goberno provisional da República polo comité Agrario Socialista-Republicano. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ponte Sampaio con Bernardo Miño Abelenda, Camilo Naveira Ferreño, Manuel Fernández Pérez e Francisco Moreno (que sobreviviu á execución), o 28 de outubro de 1936.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa García Pandelo e foi pai de José, Ricardo e Manuel Lagares García. É avó de Manuel Lagares Pérez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]