Manuel Lagares Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lagares Pérez
Nacemento29 de agosto de 1947
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lagares Pérez, nado en Betanzos o 29 de agosto de 1947, é un político galego membro do PSdeG e anterior alcalde de Betanzos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesor de ensino secundario, especializado en matemáticas e en ciencias naturais a través do Instituto de Ciencias da Educación e da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

En 1983 presentouse na lista do PSdeG-PSOE para o Concello de Betanzos, que encabezaba Antolín Sánchez Presedo. A vitoria electoral, por maioría absoluta, derivou no seu nomeamento coma primeiro tenente alcalde da corporación municipal, para posteriormente acadar o cargo de alcalde trala dimisión de Sánchez Presedo en 1985.

Presentaríase ás eleccións municipais, xa coma cabeza de lista, nos anos 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, sendo reelixido en todos eles por maioría absoluta agás no 2003, no que tivo que formar goberno en coalición co Bloque Nacionalista Galego. En 2007 segue a perder votos, e ten que abandonar o posto de alcalde logo dun pacto entre o Partido Popular e Cidadáns por Betanzos.

Na actualidade[cando?], Lagares é vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias, e tamén vocal da Federación Española de Municipios e Provincias.


Predecesor:
Antolín Sánchez Presedo
 Coat of Arms of Betanzos.svg
Alcalde de Betanzos
 
1985 - 2007
Sucesor:
María Faraldo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]