Antonio Goyanes Cedrón
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 14 de setembro de 1952 Ponteceso, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
abril de 1934 – decembro de 1935 ← Victoriano Fabeiro García – Estanislao Pérez Artime → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Irmáns | Vicente Goyanes Cedrón |
Juan Antonio Goyanes Cedrón, finado en Ponteceso o 14 de setembro de 1952,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Goyanes Meneses e irmán de Vicente Goyanes Cedrón. Licenciado en Dereito, foi xuíz municipal de Ponteceso (1903). Durante a Segunda República militou no Partido Radical. Deputado provincial, foi elixido presidente da Deputación da Coruña en abril de 1934, permanecendo no cargo ata decembro de 1935.
Predecesor: Victoriano Fabeiro García |
Presidente da Deputación da Coruña 1934 - 1935 |
Sucesor: Estanislao Pérez Artime |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Teresa Varela Amarelle, filla de Isabel Amarelle Rodríguez, e foi pai de José, Isabel, Clarisa e Daniel Goyanes Varela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 16-9-1952, p. 7.