Saltar ao contido

Antonio Goy Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Goy Díaz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1976 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Almería, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1294088 BUSC: goy-diaz-anton

Antonio Goy Díaz, nado en Lugo en 1900 e finado en Almería en 1976,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Goy Ulloa. Oficial de telégrafos dende 1918, foi xefe de telégrafos de Foz nos anos vinte. En 1917 comezou a colaborar na prensa de Lugo no xornal La Idea Moderna, dirixiu a revista Juvenilia (1918), foi redactor de La Provincia e dende 1931 de El Progreso, do que chegou a ser redactor-xefe, e foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Colaborou en Céltiga.[2][3][4][5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dirixiu o semanario falanxista Azul ata xuño de 1937, cando foi nomeado delegado provincial de prensa do Estado.[6] Foi subdelegado do Estado para Prensa e Propaganda de Lugo.[7] Dende 1947 exerceu un tempo como xefe do Corpo de Telégrafos de Madrid, á vez que cultivou a súa vocación como escritor. En 1964 foi nomeado Delgado-xefe provincial do Centro de Telecomunicación de Almería.[8]

  • Entre o clavo i-a ferradura (contos e poemas do ferreiro Mocles) (1928).
  • Rutas de turismo. 1ª ruta. Lugo-Otero de Rey-Villalba-Vivero (1940).
  • Las cinco hijas de Miramontes (novela).
  • Augusta (novela).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Isabel Veloso Calvo en 1923.[9]

  1. La Voz de Almería, 24-2-1976, p. 17.
  2. Céltiga, 106, 25-5-1929, p. 7.
  3. Céltiga, 113, 10-9-1929, p. 12.
  4. Céltiga, 119, 10-12-1929, p. 20.
  5. Céltiga, 122/123, 10-2-1930, p. 13.
  6. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 4.
  7. La Voz de Galicia, 18-4-1938.
  8. El Progreso, 20-3-1964, p. 5.
  9. El Norte de Galicia, 23/11/1922, p. 12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]