Antonio Domingo Pose Reino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1956 (67 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | José Cabezas Cerrato e José Ramón González Juanatey |
Actividade | |
Ocupación | médico , profesor universitario |
Antonio Domingo Pose Reino, nado en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 1956, é un médico especialista en Medicina interna e profesor titular de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi xefe de sección de Medicina interna no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) dende 1999 e xefe deste servizo ata 2022.
No que respecta á súa produción científica e investigadora, presentou máis de 300 comunicacións orais en congresos, publicou máis de 200 artigos en revistas científicas de impacto e é coautor de sete libros.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2023 ingresou como académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia,[1] nunha sesión na que expuxo o seu traballo titulado "Un novo modelo de atención sociosanitaria durante a pandemia".
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 460. ISBN 84-8064-113-4.