Antonio Conde Asperot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Conde Asperot
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1970 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Conde Asperot, nado en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 1895[1] e finado en Bouzas (Vigo) o 9 de xullo de 1970,[2] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre en Porto do Son dende 1920. Militante de Izquierda Republicana e secretario da agrupación de Porto do Son. Era asesor de Juan González González. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Preso no cárcere de Santiago de Compostela. Foi suspendido de emprego e soldo o 28 de agosto e cesado o 5 de setembro. Estivo dous anos preso no cárcere de Santiago de Compostela e outros dous na prisión provincial da Coruña. En maio de 1940 foi separado do servizo e dado de baixa na escala do maxisterio.[3] Saíu en liberdade condicional en 1941. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas. Nos anos sesenta foi director do colexio Puebla.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona Santos Carou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 74. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-7-1970, p. 15
  3. El Correo Gallego, 15-5-1940, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 17-7-1968, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]