Antonio Cendón
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xaneiro de 1837 Lousado, España |
| Morte | 9 de marzo de 1863 O Carballiño, España |
| Causa da morte | morte natural |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor, caricaturista |
Antonio Cendón González, nado en Lousado (Piñor) o 30 de xaneiro de 1837 e finado no Carballiño o 9 de marzo de 1863, foi un pintor e caricaturista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Fillo de Juan Cendón Carvallal, mestre de cantería e experto en fábricas de papel, e Juana González. Estudou en Ourense e Santiago de Compostela, marchando despois a Madrid, onde traballou como miniador de fotos nos estudios de Juliá e Laurent, introducindo en España as caricaturas fotográficas, e pintor de paisaxes. Obtivo éxito coas caricaturas de celebridades da política, das letras e das artes.
Finou aos vinte e seis anos de idade, de "calenturas", segundo os rexistros da época.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Murguía, Manuel (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Paisaxe da ponte de Ourense. Antonio Cendón" Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Peza do mes, setembro de 2011. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISSN 1579-9956