Antonio Carro Fernández-Valmayor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1945 (79 anos) A Coruña, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Antonio Carro Fernández-Valmayor, nado o 16 de setembro de 1945 na Coruña, é un avogado, profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e mais é diplomado en urbanismo e ordenación do territorio e técnico da Administración Civil do Estado, alén de profesor de dereito constitucional na USC e membro da Asociación Española de Ciencia Rexional, da Asociación de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos de Galicia, da loxa Renacemento 54 e da loxa Curros Enríquez da masonería[1] e da Fundación Pablo Iglesias.
Nas eleccións xerais de 1979 resultou elixido senador pola provincia da Coruña polo PSOE. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia de 1981 a 1997 polo PSdeG-PSOE, parte deses anos actuou como voceiro do seu grupo parlamentario e vicepresidente da cámara. Asumiu os postos de Secretario Xeral da Grande Área de Expansión Industrial de Galicia e subdelegado provincial do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xosé Manuel Pereiro (8 de febreiro de 1990). "Los hermanos pródigos". El País (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Senado (en castelán)
- Senadores pola Coruña
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Nados na Coruña
- Nados en 1945
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia