Antonio Blanco Solla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1897 Marín, España |
Morte | 31 de decembro de 1936 (39 anos) Marín, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Marín | |
1936 – 1936 ← Ezequiel Massoni – José Alcántara Fernández → | |
Alcalde de Marín | |
1931 – 1934 ← Agustín Rey Fonseca | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Antonio Blanco Solla, nado en Marín o 30 de decembro de 1897 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 1936, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do PSOE. Coa República foi elixido concelleiro en Marín e segundo tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde Agustín Rey Fonseca e do primeiro tenente de alcalde Joaquín Muíños Touza, foi designado alcalde en maio de 1931,[1] permanecendo no cargo até outubro de 1934. Presentouse como candidato do PSOE ás eleccións de 1933 pola circunscrición de Pontevedra, mais non obtivo escano. Non se presentou nas listas da Fronte Popular ás eleccións de 1936. En 1936 foi reposto no cargo de alcalde de Marín. En abril foi elixido compromisario por Pontevedra para a elección do Presidente da República.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido dous días despois do pronunciamento, o 20 de xullo de 1936. Preso xunto cos veciños de Marín Armando Iglesias Pérez, Santiago Ramos Ramos, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Albino Agraso Santamaría e Bernardino de la Torre Fernández; xulgáronos o 18 de decembro nun consello de guerra celebrado en Pontevedra e executáronos por un delito de rebelión o 31 de decembro[2].
Predecesor: Agustín Rey Fonseca |
Alcalde de Marín 1931 - 1934 |
Sucesor: Nicolás Vinteño Romero |
Predecesor: Ezequiel Massoni González |
Alcalde de Marín 1936 |
Sucesor: José Alcántara Fernández |