Antonio Baños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Baños
Antonio Baños 04.jpg
Nacemento1967
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónxornalista, político, escritor e activista
Coñecido/a porLa república possible
editar datos en Wikidata ]

Antonio Baños i Boncompain, nado en 1967 en Barcelona, é un xornalista, activista social, escritor e político catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Nou Barris, diplomouse en ciencias da información na Universidade Autónoma de Barcelona. Publicou os libros La economía no existe, en 2009, e Posteconomía, en 2012, onde critica os esquemas económicos actuais, os economistas e o capitalismo. Traballou en Radio Nacional de España mais en COM Ràdio e colaborou con TV3, La Sexta e Cuatro.[1] Membro do colectivo de castelánfalantes pola indipendencia Súmate,[1] en novembro de 2012 publicou un irónico artigo titulado "Guia pràctica de l'expulsió catalana de l'euro"[2] e en 2013 a editorial La Butxaca deu ao prelo La rebel·lió catalana. De cara ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, é cabeza de lista da Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent logo de ser escollido en primarias como independente.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]