Antonio Alonso Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1898 Pacios, España |
Morte | 16 de marzo de 1985 (86 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , xoieiro |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Antonio Alonso Pérez, nado en Pacios (Nogueira de Ramuín) o 20 de decembro de 1898 e finado en Buenos Aires o 16 de marzo de 1985, foi un xoieiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos dous anos morreu a súa nai Magdalena e Antonio pasou a criarse cos avós. En 1906 o seu avó José foi desterrado polas súas ideas políticas. Tivo que poñerse a traballar. Emigrou á Arxentina na segunda década do século XX. Instalouse en Buenos Aires e traballou como xoieiro. Foi cofundador co seu curmán José María López do Centro Cultural de Nogueira de Ramuín en 1918. Posteriormente fundou a Sociedad Federada de Nogueira de Ramuín da que chegou a ser presidente en 1935. Con esta sociedade integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Home dialogante, as súas xestións fixeron posible a unificación das dúas Federacións enfrontadas e a constitución da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina en 1937, da que foi elixido secretario xeral. Foi un dos creadores da Central Gallega de Ayuda a la República e inspirador da Coordinadora de Organismos Republicanos. Foi tesoureiro da comisión que organizou o Congreso da Emigración Galega en 1956. Foi nomeado secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza constituído en 1960.[1] Finou en Buenos Aires o 16 de marzo de 1985.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pérez Leira, Lois (2011). Protagonistas de una historia colectiva II. Vigo: Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. pp. 9–14. ISBN 978-84-938464-4-2.