El Restaurador (Pontevedra)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Restaurador.
El Restaurador foi un periódico editado en Pontevedra entre 1855 e 1857.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico político y literario e Periódico científico y literario, apareceu en 1855. Periódico bisemanal, defendía a política do Partido Moderado. Entre os seus redactores figuraron Carlos Somoza e Antolín Esperón. Cesou a súa publicación o 19 de abril de 1857.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. pp. 118–119. ISBN 84-7492-489-8.