Antifonte o orador
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 480 a. C. Rhamnous (Grecia Antiga) |
Morte | 411 a. C. (68/69 anos) Atenas (Grecia Antiga) |
Actividade | |
Ocupación | político, orador |
Movemento | Sofista e Presocráticos |
Profesores | Gorxias de Leontini |
Alumnos | Tucídides |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Encyclopedic Lexicon (en) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Antifonte, nado en Ramnunte, Ática, contra o ano 480 a.C. e finado en Atenas no 410 a.C:, foi un dos grandes oradores atenienses.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun aristócrata e sofista ateniense, aprende a arte oratoria do seu pai e comeza unha carreira de logógrafo e sofista, fundou unha escola de retórica en Atenas, Tucídides foi un dos seus alumnos. Participou na revolución oligárquica dos Catrocentos no 411 a.C., á caída do réxime, 410 a.C., xulgárono por traizón, e a pesar do seu discurso apaixonado de defensa, condenárono a beber cegude.
Obras
[editar | editar a fonte]A tradición atribúe 60 discursos a Antifonte, conservamos seis enteiros e anacos doutros vinte. O primeiro discurso data de 430 a.C.. Considerado o fundador da elocuencia xudicial. Consérvanse tres Tetraloxías de pezas oratorias e tres discursos sobre homicidios.