Anteridio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anteridio (vermello) e oogonio (á beira á dereita) da carofícea Chara contraria.

O anteridio é unha estrutura que produce gametos sexuais masculinos e atópase nas algas, fungos, briófitas como os musgos e en certas plantas vasculares como fieitos e licopodios e en sementes.

No anteridio fórmanse os anterozoides ou espermatozoides móbiles, que logo fertilizan as oosferas, formadas nos órganos femininos, os oogonios. Tras cada fecundación fórmanse unha oóspora.

Nos musgos, fieitos e carofíceas, o anteridio posúe unha capa exterior de células estériles cubrindo o tecido esporóxeno; envoltura que está ausente nas demais algas e nos fungos. Nas plantas con semente (Spermatophyta), o anteridio redúcese ás células xeradoras dos grans de pole.