Carofíceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charophyceae

A alga Chara globularis
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Archaeplastida
Reino: Viridiplantae
(sen clasif.) Streptophyta
Clase: Charophyceae
Rabenhorst, 1863[1]
Sinonimia
  • Characeae Rabenhorst, 1863
  • Charophyta Migula, 1897[2]
  • Charophyceae Smith, 1938

As carofíceas (Charophyceae) son un grupo de algas verdes carófitas con categoría de clase (bioloxía). Nas clasificacións actuais adoita tratarse ás carofíceas como unha clase dentro da división Charophyta, separándoas das Chlorophyta, mentres que todas as algas verdes estarían incluídas dentro do reino das plantas ou Viridiplantae.[3][4] Noutras clasificacións as Charophyceae son unha clase dentro das divisións Chlorophyta, Streptophytina, ou Streptophyta, segundo os autores.[5][6][7]

A clase Charophyceae, segundo algunhas clasificacións, inclúe dúas ordes de algas, as Charales e as Coleochaetales. O consenso entre os botánicos é que as Coleochaetales son as algas que están máis próximas ás embriófitas (plantas terrestres).[4][8]

Moitas das características complexas relacionadas coa reprodución sexual, fotosíntese, e outros trazos definitorios das plantas terrestres evolucionaron primeiro nas carófitas. Por exemplo, as análises de ADN cloroplástico (ADNcp) indican que moitas características dos cloroplastos das plantas evolucionaron inicialmente nas carófitas como as dos xéneros Staurastrum e Zygnema.[4][9] Estas investigacións indican que as embriófitas evolucionaron das carofíceas.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charophyceae Rabenhorst, 1863, Kryptogamen-flora von Sachsen, pp. xiv, 282, 'Characeae'.
  2. Migula, W. Die Characeen. 1895—1897. In: Dr. L. Rabenhorst's Kryptogamen-Flora von Deutschland, Oesterreich und der Schweiz. Zweite Auflage (2nd ed.), Vol. 5.
  3. Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2007. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. AlgaeBase.org; searched on 13 December 2007
  4. 4,0 4,1 4,2 Campbell, N. A. & Reece, J. B. 2005. Biology, Seventh Edition. Benjamin Cummings, San Francisco.
  5. Hoek, C. van den, Mann, D. G. & Jahns, H. M. 1995. Algae: An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9
  6. Streptophytina
  7. McCourt, R. M., Chapman, R. L., Buchheim, M. & Mishler, B. D. “Green Plants” Arquivado 11 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Accessed 13 December 2007
  8. Delwiche, C. F. “Charophycean Green Algae”[Ligazón morta]. Accessed 13 December 2007
  9. Turmel, M., Otis, C. & Lemieux, C. 2005. The Complete Chloroplast DNA Sequences of the Charophycean Green Algae Staurastrum and Zygnema Reveal that the Chloroplast Genome Underwent Extensive Changes During the Evolution of the Zygnematales. BMC Biology 3:22
  10. [1]
  11. [2]