Conversa:Anteridio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Anteridio[editar a fonte]

Creo que o título debe cambiarse a anteridio. Isto está conforme coa terminación doutras palabras como conidio, basidio, cranio, etc. Vén do latín antheridium como palabra científica e a forma con i é a máis común nos distintos idiomas, incluíndo o portugués, xa que nese idioma a única forma que atopei nos dous dicionarios que teño en casa (de Porto editora e Vox) e no dicionario de Internet Priberam é anterídio, e non aparece anterídeo. Curiosamente, esa páxina na wiki portuguesa está titulada anterídeo, pero parece evidente que é un erro de quen fixo a páxina. En canto ao galego, no VOLG non vén porque é unha palabra moi técnica, pero no de Xerais (ano 2000) e de Cumio di anteridio.--Miguelferig (conversa) 19:02, 21 de xullo de 2012 (UTC)