Antarctic Adventure(けっきょく南極大冒険,Kekkyoku Nankyoku Daibōken?, Antarctic Kingdom's Great Adventure) é un videoxogo desenvolvido por Konami en 1983 para MSX, e posteriormente para outras consolas, como Family Computer e ColecoVision. O xogador toma o control dun pingüínantártico que corre para chegar a diferentes estacións de investigación de diferentes países, (excluíndo a Unión Soviética).
O modo de xogo é moi semellante ó Turbo de Sega, pero a dinámica vai moito máis amodo, e contén elementos de xogos de plataformas. O pingüín, chamado Penta, debe acadar a próxima estación antes de que se esgote o tempo, evadindo ós leóns mariños e as fendas no xeo. A través dos niveis, os peixes que saltan dende os buratos no xeo poden ser atrapados para conseguir puntos. O xogo, como moitos outros da súa época, non ten final. Cando o xogador chega á última estación, o xogo comeza dende o primeiro nivel outra vez, pero cun nivel de dificultade superior.