Saltar ao contido

Antón Niñe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntón Niñe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Barreiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata

BNE: XX858033

Antón Niñe Fernández, nado en Barreiros o 14 de febreiro de 1958,[1] é un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa etapa escolar no Colexio Martínez Otero de Foz, e posteriormente estudou Teoloxía. Traballou durante 9 anos nunha empresa privada das Pontes, e estivo vencellado ás actividades extraescolares do seu colexio, e ás da parroquia de Santiago de Foz, da que foi catequista e secretario do Consello Parroquial.[2][3]

En setembro de 1992, comezou a súa etapa de profesor de Relixión Católica no Instituto de Formación Profesional de Burela (actual IES Perdouro). En decembro de 1993 constituíuse a Asociación Cultural Os Matos para "fomentar un clima cultural propicio para o desenvolvemento de actividades que completen as funcións académicas";[4] Antón Niñe foi o seu presidente ata a súa xubilación.[5] En 1997 publicou un libro repasando a historia do asilo Nosa Señora do Carme de Foz, desde a súa construción levando pedras de canteiras próximas ao río Centiño ata a súa relación co pobo e co párroco de Burela.[6] En 1998, coescribiu con varias alumnas o libro IES Perdouro, 20 anos de vida, que repasa a historia do centro.[7]

En decembro de 2012, despois dunha investigación de 12 anos sobre as orixes da Escola Infantil Nosa Señora da Purificación de Foz, plasmou o seu traballo no libro Fondós, de escola a gardería infantil; nesta obra, remontouse ás orixes do edificio, construído en 1749 por Pascual Villapol, focense emigrado ao Perú.[8]

No libro Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz (2018) empregou como fonte as anotacións do seu pai, que fora patrón do cargueiro entre 1950 e 1965.[9][10]

O seu seguinte libro tratou sobre a obra do escultor Xosé Rivas e os seus descendentes. Entre os seus traballos (principalmente relixiosos) destaca a Virxe do Carme de Foz, e hai moitas outras esculturas repartidas pola comarca (Viveiro, Burela, Celeiro, Landrove...), fóra de Galicia (como as imaxes da Semana Santa de Daimiel, Cidade Real) e mesmo por todo o mundo (Buenos Aires, Sao Paulo ou Filadelfia).[11]

Compaxinando o seu labor como escritor, realizou diversos actos culturais por varios puntos da Comarca da Mariña,[12][13][14] e fixo o pregón das Festas co Carme de Foz.[15]

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Niñe, Antón (1997). Asilo Nosa Señora do Carme. A súa historia. Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 79. ISBN 84-605-6566-1. 
  • Seijas Mourelo, Iria (alumna 4º ESO); Maseda Díaz, Jésica (alumna 4º Administrativo); Rivas Crecente, Mª Mar (alumna 4º Administrativo); Rey Neira, Raquel (alumna 1º Bach); Niñe Fernández, Antón (profesor de Relixión Católica) (1998). IES Perdouro, 20 anos de vida (PDF). Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 75. ISBN 84-607-0096-8. 
  • Niñe, Antón (xullo de 2004). Arredor da Virxe do Carme. Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 93. ISBN 84-609-1749-5. 
  • Niñe, Antón (decembro de 2012). Fondós, de escola a gardería infantil. Burela. p. 268. ISBN 978-84-615-6237-4. 
  • Niñe, Antón (2018). Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz. Lugo: Deputación de Lugo. p. 238. ISBN 9788481925579. 
  • Niñe, Antón (2023). Xosé Rivas e fillos: unha familia de escultores. De Riotorto camiño a Compostela. Burela: Xunta Cofradías Semana Santa de Viveiro 2023. p. 192. ISBN 978-84-09-49443-9. 

Traballos de investigación[editar | editar a fonte]

Publicados na revista da A.C. Os Matos:[1]

  • ‘Refráns mariñeiros’
  • ‘Medallistas olímpicos galegos do século XX’
  • ‘O románico no Norte de Lugo’
  • ‘O gótico no Norte de Lugo’
  • ‘Illas e illotes da costa luguesa’
  • ‘Faros e balizas da costa luguesa’.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Curriculum Antón Niñe Fernández". Galicia Dixital. 
  2. García, Yolanda (30 de setembro de 2017). "«Esta etapa no ensino foi intensa e marabillosa, con rosas e espiños»". La Voz de Galicia (Burela). 
  3. Rivas, Lucía (13 de decembro de 2017). "Xubilación do profesor Antón Niñe". Lucía Rivas Fotografía (Burela). 
  4. "Historia da Asociación Cultural Os Matos". IES Perdouro (Burela). 26 de xaneiro de 2009. 
  5. Villapol, Pablo (24 de febreiro de 2023). "Que foi de... Antón Niñe?". El Progreso (A Mariña). 
  6. Cuadrado, María (29 de xuño de 2008). "El asilo de Foz cumple 75 años". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña). 
  7. Seijas Mourelo, Iria (alumna 4º ESO); Maseda Díaz, Jésica (alumna 4º Administrativo); Rivas Crecente, Mª Mar (alumna 4º Administrativo); Rey Neira, Raquel (alumna 1º Bach); Niñe Fernández, Antón (profesor de Relixión Católica) (1998). IES Perdouro, 20 anos de vida (PDF). Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 75. ISBN 84-607-0096-8. 
  8. Bouza, Lupe F. (16 de decembro de 2012). "Antonio Niñe: Noriega Varela e Salgado Toimil foron profesores na escola de Fondós". El Progreso. 
  9. "Antón Niñe emociona co seu libro «Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz»". La Voz de Galicia (en castelán) (Foz). 20 de outubro de 2019. 
  10. "A presentación do libro “Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz” de Antón Niñe ateigou o salón de actos do Cenima". Crónica 3 A Mariña (Foz). 19 de outubro de 2019. 
  11. "Antón Niñe presenta no IES Perdouro o seu libro ‘Unha familia de escultores: Xosé Rivas e fillos’". Crónica 3 A Mariña (Burela). 24 de setembro de 2023. 
  12. "Charla de Antón Niñe sobre o Colexio do Pilar en Foz". La Voz de Galicia (en castelán) (Foz). 4 de maio de 2021. 
  13. "Antón Niñe e a Acia resumen en 500 láminas a historia dos barcos que operaron no século XX en Foz". Xornal da Mariña (Foz). 13 de agosto de 2020. 
  14. "A Asociación A Pomba do Arco presenta as XXVI Xornadas de Historia de Foz". Nós Diario (Foz). 26 de xullo de 2023. 
  15. "As Festas do Carme de Foz serán pregoadas polo mestre e investigador da historia local Antón Niñe o 13 deste mes. Ese mesmo día actuará o grupo Dos Pájaros y un Trío, tributo a Sabina e Serrat". Crónica 3 A Mariña (Foz). 4 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]