Antípaxos ou Andípaxos (grego: Αντίπαξος) é unha illa pequena (5km²) en Grecia, a uns 3 quilómetros ao sur de Paxoi. Segundo o censo de 2011[1] ten unha poboación de 20 habitantes, e está administrada polo municipio de Paxoi da Prefectura de Corfú no oeste de Grecia. Cuberta en gran medida por viñedos, Antipaxos ten varias praias e un porto, Agrapidia.
Ten tres praias: Vrika (area branca), Mesovrika (seixos) e Voutoumi (pedras) e pódese chegar en 15 minutos cun taxi acúatico desde o porto de Gaios en Paxoi.
↑"Detailed census results 2011"(en grego). National Statistical Service of Greece. Arquivado dende o orixinal(xls 2,7MB) o 25 de decembro de 2013. Consultado o 30 de abril de 2019.