Anna María Iglesia Pagnotta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnna María Iglesia Pagnotta
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarts journalist (en) Traducir , ensaísta , tradutora Editar o valor em Wikidata

Twitter: AnnaMIglesia Dialnet: 4629631 Editar o valor em Wikidata


Anna María Iglesia Pagnotta nada en Granada no 1986 é unha xornalista, ensaísta e tradutora cultural española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Italiana e en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona, doutorouse alí coa tese La narrativa del espacio urbano y sus prácticas. París del siglo XIX y la aflânerie.[1][2]

Como xornalista cultural, colaborou con diferentes medios –The Objective, El Confidencial, Nueva Revista, Mercurio, La sphere de Papel–, escribindo principalmente sobre literatura e mundo editorial. É redactora xefa da revista literaria Librújula, onde se encarga tanto da edición bimestral en papel como da edición dixital.

Como autora, o seu primeiro libro foi La revolución de las flâneuses (Wunderkammer, 2019), un ensaio nacido da temática da súa tese no que as mulleres ocupan o espazo público do século XIX como figura literaria do cabaleiro paseante, flâneur, en Francia ao mesmo tempo.[3][4]Neste libro, defende o dereito das mulleres a ocupar as rúas polo sinxelo pracer de facelo, mais non soamente iso, tamén como crítica e voz pública.[5]Iglesia sinala que na súa opinión, en termos históricos e sociolóxicos non se pode afirmar que as mulleres do século XVIII e sobre todo do XIX, cando se asenta a figura do flâneur gozaban da mesma situación cos homes. Deste xeito, fai un percorrido crítico da vida das flâneuses e reune un numeroso grupo de escritoras, pensadoras e activistas como Flora Tristán, George Sand, Virginia Woolf, Luisa Carnés o as mulleres pertencentes a Xeración do 27, coñecidas como "Las Sinsombrero", poñendo en valor a súa existencia[6]

"a súa vontade de facerse presente no espazo urbano e reclamar unha voz de seu deu paso a unha serie de dereitos pendentes de consolidar: dereito a ocupar as rúas, dereito a mirar sen ser vistas, dereito a non consumir e non ser consumidas, dereito a existir en solitario e dereito a autoría".[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Entre algunhas das súas traducións está Regalos de invierno de Collete[7] ou Palabra de Lorca ao francés e ao italiano.[2]

Como autora:

  • Ese famoso abismo. Conversaciones con Enrique Vila-Matas. Editorial Terrades, Girona, 2020.[8]
  • La revolución de las flâuneses. Editorial Terrades, Girona, 2019.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dialnet (ed.). "La narrativa del espacio urbano y de sus prácticas. El París del s. XIX y la flânerie". Consultado o 25 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, ed. (14 de febreiro de 2019). "Anna María Iglesia". con licencia CC-BY-SA, vía OTRS. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  3. Basciani, Ariana (14 de xuño de 2019). "Anna María Iglesia: "Me niego a decir que el feminismo sea un boom".". The Objective. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2020. 
  4. Oliva, José (8 de xuño de 2019). "Anna María Iglesia recupera la figura olvidada de la ‘flâneuse'". Diario de Sevilla. Consultado o 25 de abril de 2019. 
  5. Nast, Condé (5 de maio de 2019). "Flâneuses, la revolución de las paseantes". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024. 
  6. 6,0 6,1 Sevilla, Diario de (2019-06-08). "Anna Maria Iglesia recupera la figura olvidada de la ‘flâneuse'". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024. 
  7. Collete. Regalos de invierno. Traducido por Anna María Iglesia Pagnotta. Elba , s.l. ISBN 9788494796685. 
  8. Iglesia, Anna María (2020). Ese famoso abismo: conversaciones con Enrique Vila-Matas. Colección Áurea (Primeira edición ed.). Terrades (Girona): Wunderkrammer. ISBN 978-84-121660-3-3. OCLC 1236032228. 
  9. Iglesia, Anna María (2019). La revolución de las flâneuses. Cahiers. Terrades (Girona): Wunderkammer. ISBN 978-84-949725-3-9.