Aniceto Codesal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de xullo de 2012 ás 22:14 por BotDHojalata (conversa | contribucións) (DEFAULTSORT -> ORDENAR)

Aniceto Codesal Lozano, nado en Oleiros (Vilalba) o 30 de decembro de 1919 e finado o 29 de abril de 2008, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

Perito mercantil, doutor pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, é catedrático da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo, da que foi Director. Concelleiro en Lugo (1979-1981 e e 1987-1991), nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado no Congreso de Alianza Popular pola provincia de Lugo (1982-1986). Nas eleccións xerais de 1986 foi elixido senador de Alianza Popular pola provincia de Lugo e volveu ser elixido nas xerais de 1989. Foi presidente do Partido Popular e da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer en Lugo.

Véxase tamén

Ligazóns externas