Angelines Salgueiro Corujo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 Lugo, España |
Morte | 2 de xuño de 2015 (82/83 anos) Lugo, España |
Alcaldesa das Nogais | |
1973 – 1979 – Xosé Espín Mejía → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , política |
Lingua | Lingua galega |
María Angeles Salgueiro Corujo, nada en Lugo en 1932 e finada na mesma cidade o 2 de xuño de 2015,[1] foi unha mestra e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato nas Xosefinas. Mestra nacional con 19 anos e un ano despois foi destinada ao Saviñao. Dende 1955 exerceu como mestra nas Nogais. Foi nomeada alcaldesa das Nogais polo Gobernador civil en 1973, permanecendo no cargo até 1979. Foi directora do Colexio Público das Nogais até 1988. Despois foi directora do Colexio Público Illa Verde de Lugo. Foi deputada provincial dende 1979 até 1983.
Predecesor: - |
Alcaldesa das Nogais 1973 - 1979 |
Sucesor: Xosé Espín Mejía |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Alfonso López Soaz.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. pp. 286–287. ISBN 84-85311-96-5.