Angara (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A familia de foguetes Angara, en maquetas.

Angara (Ангара en ruso) é unha familia de foguetes planificados, deseñados e operados po Rusia.[1][2]

Historia e características[editar | editar a fonte]

A familia de foguetes Angara comezou a ser deseñada nos anos 1990 para substituír os foguetes Zenit (Zenit-2, Zenit-2M, Zenit-3SL e Zenit-3SLB), construídos en Ucraína, e Proton (Proton K, Proton K/DM, Proton M...), que so poden lanzarse desde territorio casaco, para contar cunha serie de foguetes completamente nacional. As etapas foron deseñadas para poder ser transportadas mediante ferrocarril ata o cosmódromo de Baikonur e o de Svobodnii. A familia de foguetes consiste nunha etapa central común a tódolos foguetes arredor da que se configuran etapas do mesmo tipo en diferentes disposicións para proporcionar diferentes capacidades de carga. A falta de financiamento fixo que o programa se estendera no tempo e que aínda non voaran tódolos modelos da familia. A etapa central usa motores desenvolvidos para os foguetes Zenit. Co tempo os deseños pensados para a disposición das etapas foron cambiando.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Angara" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Angara (cluster)" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]