Andrónico IV Paleólogo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1348 ![]() Constantinopla ![]() |
Morte | c. 28 de xuño de 1385 ![]() Silivri ![]() |
Lugar de sepultura | Mesquita de Zeyrek ![]() |
Emperador bizantino | |
12 de agosto de 1376 – 1 de xullo de 1379 ← Xoán V Paleólogo – Xoán V Paleólogo → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Dinastía Paleólogo ![]() |
Cónxuxe | Keratsa da Bulgária |
Fillos | Xoán VII Paleólogo ![]() |
Pais | Xoán V Paleólogo ![]() ![]() |
Irmáns | Teodoro I Paleólogo, Manuel II Paleólogo, Miguel Paleólogo (pt) ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Andrónico IV foi emperador bizantino de 1376 a 1379.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo de Xoán V Paleólogo, pero se rebelou contra o seu pai cando o sultán otomán Murad I obrigou a Xoán V a prestarlle vasalaxe en 1373. Andrónico aliouse co fillo de Murad, que tamén se rebelara contra o seu pai, pero ambas revoltas fracasaron. Murad mandou cegar ao seu fillo e esixiu a Xoán V que cegase tamén ao seu, pero Xoán só cegou un dos ollos de Andrónico.
En 1376, os xenoveses axudaron a Andrónico a escapar da súa prisión e a facerse co poder en Constantinopla. Con todo, foi inmediatamente atacado polos inimigos de Xénova, os venecianos, e foi destronado en 1379. Os venecianos repuxeron a Xoán V no trono. Andrónico intentou rebelarse de novo en 1385, sen éxito, e morreu pouco despois.